"O CARRO" de "Fuxan os ventos" O día 15 de maio, xuntámonos todo o centro no patio, para celebrar o día grande das nosa lingua, unha das actividades que se levaron a cabo, foi a canción de "O carro"
º
Aquí deixamos o vídeo do poema de Manuel María, interpretado pola Agrupación "Fuxan os ventos"
O alumnado de infantil, 1º, 2º e terceiro recitaron a biografía da autora homenaxeada este ano nas "LETRAS GALEGAS" mentras que o alumnado de 4º, 5º e 6º recitaron varios poemas da mesma.
Chegado a estas alturas do curso e coincidindo coas "Letras galegas" realizamos a entrega de premios ao mellor lector ou lectora de este curso 2017-2018.
Durante estes meses cada titor rexistrou os libros que levou cada un dos seus alumnos e alumnas realizando, ademais, un rexistro lector no que recolleron o resumo dos libros que levaron e unha reseña/recomendación para os seus compañeiros/as. Para festexar que tod@s disfrutamos coa lectura, tod@s levamos unha chapa de "Eu tamén leo"
Coa intención de felicitar as familias do noso alumnado, realizouse un chaveiro para cada un dos alumos e alumnas coa figura da mascota da bibioteca: "Xuve" coa impresora 3D.
Ademais disto, cada nivel, tivo a oportunidade de buscar dentro dos recursos que nos pode aportar a biblioteca do centro: libros, manuais, revistas, internet... posibilidades dos agasallos que lles quixeron realizar eles mesmos.