martes, 24 de abril de 2018

Visita de: Ramón Caride.


Como unha das actividades realizadas no centro, por mor, da conmemoración da semana do libro, recibimos a visita do autor galego de literatura infantil e xuvenil Ramón Caride.


O pasado día 18 de abril, xuntáronse na biblioteca os nenos e nenas de 3º e 4º nunha sesión e os nenos e nenas de 5º e 6º noutra; para escoitar como foi o proceso de creación e as pequenas anécdotas de: "As viaxes de Ruki" da man do seu autor, Ramón Caride. 

Aquí deixamos unhas fotos do encontro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario