mércores, 25 de abril de 2018

III Feira de troco de libros na Región


Hoxe saíu publicada no xornal, La Región, a actividade da 
"III Feira de troco de libros de Xuvencos"




http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/intercambio-libros-xuvencos-boboras/20180425110920788127.html
"III FEIRA 
DE TROCO DE LIBROS DE XUVENCOS"
Despois do apadriñamento lector, do día anterior celebramos a III Feira de troco de libros no colexio de Xuvencos nesta "Semana do Libro".
Sentimos unha satisfacción plena pola acollida e implicación que teñen este tipo de actividades por parte d@s nos@s alumn@s.
Como dixo Joseph Addison:
"La lectura es a la mente lo que el ejercicio al cuerpo"
Aquí deixamos un enlace ao vídeo recopilatorio:

martes, 24 de abril de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR


Este luns, día 23, a biblioteca extendeuse a distintos recunchos do centro para poder realizar o apadriñamento lector que tivo lugar, neste caso, co motivo do "Día Internacional do Libro"
@s alumn@s de cursos superiores exerceron de padriños e madriñas lectoras dos máis pequenos, amosandolles os libros que mañá poderán trocar na "III Feira de troco de libros de Xuvencos"

Foi unha xornada de convivencia xenial, na que fortaleceron vínculos, intercambiaron papeis e impresións... ademáis de ter a oportunidade de aprender a pensar cos libros son a mellor maneira de aprender.


Aquí vos deixo o enlace ao vídeo:





Visita de: Ramón Caride.


Como unha das actividades realizadas no centro, por mor, da conmemoración da semana do libro, recibimos a visita do autor galego de literatura infantil e xuvenil Ramón Caride.


O pasado día 18 de abril, xuntáronse na biblioteca os nenos e nenas de 3º e 4º nunha sesión e os nenos e nenas de 5º e 6º noutra; para escoitar como foi o proceso de creación e as pequenas anécdotas de: "As viaxes de Ruki" da man do seu autor, Ramón Caride. 

Aquí deixamos unhas fotos do encontro.

CONTOS NA NATUREZA


Xa que estamos na semana do libro e aproveitando estos marabillosos días de primavera, os nenos de 3º baixaron ao patio para contar un conto aos pequenos de Educación Infantil.





Como sempre os alumnos@s  e docentes quedaromos encantados coa actividade.



domingo, 8 de abril de 2018

Antón Comodón


Nesta semana, o ciclo de Educación Infantil, foi de excursión á o auditorio de  Ourense a ver a Obra de títeres:
 ANTÓN COMODÓN.

Este é un espectáculo dirixido a toda a familia.
Esta é a historia de Antón, a quen de neno, na súa casa lle facían todo. Cando medrou tiña un axudante, Nicolás, que o ter suficientes cartos foise as Illas Verdes.
Antón segue a Nicolás para que volva con él, pero nesa viaxe, aprende a vestirse, comer, atarse os cordóns dos zapatos.... e a valerse por sí mesmo.